Feet - Foro de edición e tipografía, 2010

As diferentes estratexias e soportes utilizados hoxe en día no eido da edición servirán de base para a reflexión neste foro, que se desenvolverá entre os días 2, 3, 4, 16, 17 e 18 de decembro na Casa das Campás en Pontevedra.

Organizado pola Asociación Galega de Deseñadores, feet 2010 foro de edición e tipografía, pretende continuar coas reflexións, discusións e liñas de investigación abertas sobre este tema desde plataformas distintas como o Proxecto-Edición (realizado en Galicia entre 2006 e 2008), o Werkplaats Typografie (en Holanda), Rumbos de Edición (na Arxentina) ou a oficina do cego (en Portugal).

O obxectivo de todos estes eventos foi crear redes de traballo e investigación sobre publicacións que se estaban a desenvolver no campo da arte, do deseño e da tipografía. Con este mesmo ánimo encaramos este foro en Pontevedra, porque a edición é un tema de plena actualidade no que se están a producir cada vez máis novidades.

A información e os medios están cambiando continuamente. O que onte era ficción hoxe queda obsoleto, e os e-books son tan reais coma o papel, cunha potencialidade inmensa como arquivo.

Sen dúbida ningunha, convertéronse no medio de documentación por excelencia. Mais, no que respecta ao goce dos sentidos e ao pracer, resulta difícil competir coa simplicidade dunha folla de papel. Un soporte, que a pesar das enormes transformacións tecnolóxicas, non mudou tanto en relación coas producións de Gutenberg.

Neste momento, a edición –contra todas as previsións e agoiros pesimistas– está máis vixente ca nunca, e quizais nunca antes se lle prestou tanta atención a cada un dos elementos implicados no proceso: os contidos, a tipografía, os materiais, a forma, o tacto, o cheiro... Acaso somos máis conscientes da edición en papel?

Nós investimos horas, ilusións e esforzos en organizar este evento. O noso traballo está feito. Agora tócavos a todos vós aproveitar esta plataforma de reflexión e intercambio participando nela.

Enmárcase Feet no proxecto Creativa, programa cultural interdisciplinar levado a cabo conxuntamente pola Axencia Galega das Industrias Culturais e a Direccão Regional de Cultura do Norte co financiamento dos fondos FEDER da UE, e pertencente ao Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.

Obras seleccionadas

Manual de supervivencia para los días del gran desastre

Manual de supervivencia para los días del gran desastre

Clase Turista
Bos Aires
Libros

 

 


<

Hatuchay

Hatuchay

Editorial VOX

A Arxentina

Libros

 

 

La banda del 100 pies

La banda del 100 pies

Eloísa Cartonera

A Arxentina

Libros

 

Sen título

Sen título

Asociación Ideasdosapoconcho
Galicia
Libro obxecto de tea cosida